2.12.17

RECITAL POÉTICO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, baixo a dirección da súa profesora Hortensia Alonso, organizou un recitado para sumarse ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Os poemas de Alfonsina Storni, Concha Méndez, Antía Otero, Ana Romaní, Carlos Negro, Gioconda Belli, Carmen Conde, Ernestina de Champourcin, Josefina de la Torre, Gloria Fuertes, Rosa Chacel achegáronnos diversas problemáticas: roles de xénero, invisibilidade, modelos estéticos... tamén o empoderamento feminino, o orgullo de ser muller, ...

Remataron coa interpretación en versión rap do poema de Lupe Gómez:


Quero
abandonar
a vida morta
das princesas.






















24.11.17

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración o día 25 de novembro do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, desde a biblioteca organizamos varias actividades:

-Elaboramos un tableiro de PINTEREST cunha relación de LECTURAS PARA A IGUALDADE:
https://pin.it/lbjiytz4retdva


-Unha selección de poemas que abordan a temática da muller desde diversas perspectivas: o maltrato, os roles de xénero, a invisibilidade, os estándares de beleza... Como imaxe, escollemos o colaxe de Mabel Díaz Blanco.




 -Algúns destes poemas formarán parte do recital poético que realizará o alumnado de Bacharelato.

Debaixo, os poemas seleccionados:

15.11.17

REPRESENTACIÓN OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Hoxe o alumnado de 3º e de 4º desprazouse ata o Auditorio para asistir á representación de Os vellos non deben de namorarse. Un numeroso público, integrado por rapaces e rapazas de varios centros da cidade, presenciou a escenificación da obra de Castelao realizada polo Teatro do Morcego. 









 Neste enlace (Fonte: La Región) pode verse o inicio do espectáculo.


13.11.17

PERGAMIÑO VINDEL



O día sete e oito de novembro, os alumnos de 1º de Bacharelato visitaron no Museo do Mar de Vigo a exposición sobre o Pergamiño Vindel.
Alí dividíronse en grupos duns 25 alumnos e fixeron cadansúa actividade, alternándoas. Por unha banda, celebraron un obradoiro de escritura medieval onde o guía non só lles explicou os pormenores da elaboración dun pergamiño, usos de tintas, peles, etc. senón que fixeron unha práctica de escrita con cana e chumbo, sobre papel.
Logo, -ou antes, depende do grupo-  percorremos a pequena exposición sobre a vida material na Idade Media de Galicia, onde puidemos ver pergamiños de cartas puebla, zapatos dun bispo de Mondoñedo, arquetas de reliquias, o cristo de Vilanova dos Infantes, restos románicos de fachadas e tamén os facsímiles do códice rico das Cantigas de Santa María e do Cancioneiro de Ajuda. Por último, parámonos diante da vitrina que contén o pergamiño Vindel.
A visión deste famoso documento orixinal do século XIII coa letras e música das cantigas de Martín Códax por primeira vez en Galicia,  é emocionante, máxime tendo en conta que todos os restos da lírica galega medieval, relixiosa ou profana, está situados fóra da nosa Terra. 
Despois da visita literaria, percorremos o edificio do Museo do Mar, obra do afamado arquitecto César Portela, pasamos pola sección de arqueolóxica da ría de Vigo e visitamos o acuario que está sobre o vello peirao da fábrica de salazón. O tempo claro e despexado, contribuiu a facer máis agradable a visita. Desde logo, o pergamiño que nos fala das Ondas do mar de Vigo, non podía ter un mellor local de exposición.