29.1.09

MÚSICA E POESÍA POLA PAZ

30 de xaneiro, Día da Paz

Nós reivindicamos a Paz. E, posto que "a poesía é unha arma cargada de futuro" (Gabriel Celaya), lemos estes versos de Antonio García Teijeiro que testemuñan a dor das vítimas da violencia.

Choven balas
Seres berran
Arden vilas
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas
e miseria
Noite fría
Tristes guerras
Nace o medo
Chora a terra.


Unamos as nosas voces nesta canción de Cómplices onde a PAZ é protagonista.







Recitemos con voz fonda este poema do escritor mexicano Efraín Huerta e fagamos noso o seu desexo de PAZ.


Hoy he dado mi firma para la Paz.
Bajo los altos árboles de la Alameda
y a una joven con ojos de esperanza.
Junto a ella otras jóvenes pedían más firmas
y aquella hora fue como una encendida patria
de amor al amor, de gracia por la gracia,
de una luz a otra luz.
Hoy he dado mi firma para la Paz.
Y conmigo, en cien países, cien millones de firmas,
cien orquestas del mundo, una sinfonía universal,
un solo canto por la Paz en el mundo.
Hoy no he firmado el poema ni los pequeños artículos,
ni el documento que te esclaviza,
no he firmado la carta que no siente
ni el mensaje que durará un segundo.
Hoy he dado mi firma para la Paz.
Para que el tiempo no se detenga,
para que el sueño no se inmovilice,
para que la sonrisa sea alta y clara,
para que una mujer aprenda a ver crecer a su hijo
y las pupilas del hijo vean cómo su madre es cada día más joven.
Hoy he dado una firma, la mía, para la Paz.
Un mar de firmas que ahogan y aturden
al industrial y al político de la guerra.
Una gigantesca oleada de gigantescas firmas:
la temblorosa del niño que apenas balbucea la palabra,
la que es una rosa de llanto de la madre,
la firma de humildad -la firma del poeta.
Hoy he elevado en una el número mundial de firmas por la Paz.
Y estoy contento como un adolescente enamorado,
como un árbol de pie,
como el inagotable manantial
y como el río con su canción de soberbios cristales.
Hoy parece que no he hecho nada
y, sin embargo, he dado mi firma para la Paz.
La joven me sonrió y en sus labios había una paloma viva,
y me dio las gracias con sus ojos de esperanza
y yo seguí mi camino en busca de un libro para mis hijos.
Pues ahí estaba mi firma, precisa y diáfana,
al pie del Llamamiento de Berlín.
Parece que no he hecho nada
y, sin embargo, creo haber multiplicado mi vida
y multiplicado los más sanos deseos.
Hoy he dado mi firma para la Paz.


Cantemos con Juanes "Es tiempo de cambiar"





E, como último poema, este texto de Rafael Alberti, que expresa con vehemencia esta nosa esixencia compartida: PAZ!

Lo grito aquí: ¡Paz! Y lo grito
llenas de llanto las mejillas.
¡Paz, de pie! ¡Paz! ¡Paz, de rodillas!
¡Paz hasta el fin del infinito!
No otra palabra, no otro acento
ni otro temblor entre las manos.
¡Paz solamente! ¡Paz, hermano!
Amor y paz como sustento.


Para finalizar, incorporamos este vídeo co discurso pronunciado por Severn Suzuki ante as Nacións Unidas en 1992.




(Algúns dos textos aquí recollidos foron tomados dos blogs de Bibliovaladares e Raioteca e da webquest elaborada por Un rato na biblioteca. O noso recoñecemento para todos eles así como a felicitación pola calidade do seu traballo.)

28.1.09

Poesía e música con Astarot

O grupo de Cangas Astarot pon música a diversos poemas de autores galegos, nalgúns casos versións á súa vez doutras anteriores. Entre eles, estes de Rosalía pertencentes aos seus discos Apuesta y gana e O sentir dunha terra.

É especialmente interesante o disco Longa noite de pedra, no que poñen música a Rosalía, Curros Enríquez, Celso Emilio, Bernardino Graña, Méndez Ferrín e Baldomero Iglesias.



Algún exemplos:
"Airiños, airiños, aires" e "Negra sombra" de Rosalía, "No niño novo do vento", de Álvaro Cunqueiro e "Lela", de Castelao.




Adiós ríos, adiós fontes

Son numerosos os poemas de Rosalía musicados por diversos grupos musicais e cantautores. Entre eles, a xa clásica versión de Amancio Prada do poema de "Adiós ríos, adiós fontes". Aquí o temos agora en versión funky cold

26.1.09

DEITADO FRONTE AO MAR, Celso Emilio Ferreiro

Inauguramos o noso arquivo de sons con este poema de Celso Emilio Ferreiro na versión de Dios Ke te crew que atopamos en BIBLIOMELIDE, o magnífico blog da biblioteca do IES de Melide

Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gaña;
porque me sai de dentro,
alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

 

14.1.09

MARCAPÁXINAS 2009

Hoxe fallamos o premio de Marcapáxinas 2009.

O xurado decidiu premiar o marcapáxinas “Cando queiras, le” presentado baixo o seudónimo “Esquío”, que resultou corresponder a MARGARIDA RODRÍGUEZ TILVE, de 3º A.

premio

Asemade, e tendo en conta a ampla participación e a calidade dos marcapáxinas presentados, o Xurado acordou conceder as seguintes mencións:

-EMILIANA MADRID GÓMEZ: “Faite soñar, medrar…” (1º ESO B)

-ANTELA COSTA MUÑOZ: “Lendo, bule o tempo” (1º ESO B)

-ANDREA PASCUAL GATO: A cultura at´pase na lectura” (1º ESO D)

-CRISTINA CALLE RODRÍGUEZ: “Cun libro nunca estás espido” (2º BACH E)

-LARA GABRIELA CORTIZAS VITOLA: “Máis lectura, máis cultura” (2ª BACH A)

mención nova mención 2mención 5 mención 3mención 4

Noraboa a todos os premiados.

13.1.09

ARQUIVO SONORO DE GALICIA

Outro enderezo imprescindible é o do Arquivo sonoro de Galicia do CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Atopamos libros, audios, vídeos, documentos e . Unha interesante colección de podcast nos que podemos escoitar textos literarios na voz dos propios autores.

No apartado Podsons atopamos unha colección de podcast, entre eles numerosas novidades discográficas.

Na sección Arquivo da palabra podemos escoitar a Castelao en Bos Aires en 1941. Ou escoitar a Carlos Casares, Otero Pedrayo, etc.

Picade neste enderezo e poderedes acceder directamente aos mesmos:



POESÍA A MEDIA VOZ

No apartado LIGAZÓNS incluímos hoxe un enderezo moi interesante: A media voz. Trátase dun portal de poesía moi completo, cun índice de poetas por orden alfabético, nota bibliográfica e selección de poemas de cada un.

Xunto a elas inclúense outras dúas das que xa falamos noutra ocasión:

Poesía en español: http://www.poesia-inter.net/


e El poder de la palabra: http://www.epdlp.com/



Tres interesantes portais que nos permiten atoparnos cos nosos poetas favoritos.

12.1.09

FESTIVAL DE NADAL

Un ano máis, o último día de clase do ano, despois das actividades na Biblioteca, nas pistas e no Polideportivo, celebramos o Festival de Nadal no Salón de Actos. Primeiramente, entregáronse os premios do Concurso de Postais. A continuación, presenciamos unha exhibición de batuka, despois un baile ben simpático e a seguir diversas actuacións musicais preparadas polos profesores do Departamento de Música.

normal_2008navidaSact_02 normal_2008navidaSact_04 normal_2008navidaSact_05 normal_2008navidaSact_20
normal_2008navidaSact_21 normal_2008navidaSact_25

normal_2008navidaSact_28 normal_2008navidaSact_36
normal_2008navidaSact_31 normal_2008navidaSact_31 normal_2008navidaSact_39 normal_2008navidaSact_43

normal_2008navidaSact_47

normal_2008navidaSact_57 normal_2008navidaSact_51 normal_2008navidaSact_57 normal_2008navidaSact_62

9.1.09

Un nadal intercultural 2008

O día 19 de decembro, os alumnos procedentes doutros países contáronnos como se celebra o Nadal en todos eles: México, Brasil, Alemaña, Colombia, Venezuela... Coñecemos as tradicións, as cancións, a gastronomía, os agasallos, os adornos, etc. E soubemos tamén cales son as festas características daqueloutros lugares que, como o Sahara, non celebran o Nadal.

7.1.09

LA NOCHEVIEJA DE MOLTALBANO

ANDREA CAMILLERI, La Nochevieja de Montalbano , Salamandra, Barcelona, 2004

Andrea Camilleri é un escritor italiano de enorme éxito, grazas principalmente á serie de novelas policiacas protagonizadas polo emblemático detective Montalbano, comisario de mediana idade, irónico, meláncólico, algo fatalista e con un dilema constante: seguir as súas corazonadas ou aterse ás normas que marca a lei.
Neste libro reúnese un conxunto de relatos nos que crimes e criminais se someterán ao escrutinio do peculiar comisario siciliano.
Son historias breves e de fácil lectura que nos achegarán a un xénero interesante (a novela negra ou policial).