13.6.09

UN VERÁN DE LIBROS

Por fin chegaron as tan ansiadas vacacións e desde a Biblioteca preparamos para vós unhas propostas de lecturas para o verán.

Estas son as obras seleccionadas para os alumnos de Bacharelato:








Estas son as propostas para os cursos de ESO






Todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca.
FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS

10.6.09

LECTURAS PARA O VERÁN

Xa próximas as vacacións, incorporamos aos nosos fondos algúns dos títulos que están tendo maior aceptación entre os lectores novos. Son estes:

Corazón de tinta de Cornelia Funke, primeiro volume da serie Mundo de tinta.

La ladrona de libros, de Markus Zusak, a historia da nena que lle roubou as palabras a Hitler.

E algúns dos libros de Laura Gallego: os tres volumes de Memorias de Idhún e o último libro: Alas negras, publicado no pasado mes de abril, e do que incluímos a presentación na contraportada do libro:

“El ángel femenino Ahriel ha recobrado su libertad y obtenido su venganza, pero aún hay algo que debe hacer. Tras acudir a rendir cuentas a sus semejantes en la Ciudad de la Nubes, se dispone a reanudar la busquedad de mágica prisión de Gorlian para recuperar aquello que dejó atrás al escapar. Está decidida a hacer cualquier cosa para encontralo, incluso interrogar a la única parsona que sabe dónde se oculta. Llegar hasta ella no será fácil, pero Ahriel no estará sola está vez...”

AlasNegras Corazon_De_Tinta_2 la-ladrona-de-libros
mdi1 mdi2 mdi3

Felices lecturas!

8.6.09

ENCONTRO CON JOAN MANUEL GISBERT

Esta mañá recibimos a visita do escritor Joan Manuel Gisbert que nos falou do seu libro Los caminos del miedo, que estiveron lendo os alumnos de 2º de ESO. O autor comentou as circunstancias da súa creación, os motivos que o levaron a escribir estes relatos, e desvelou algunhas claves interpretativas dos mesmos.

No remate houbo tamén tempo para que os asistentes formulasen algunhas preguntas interesantes.

2.6.09

BIBLIO-NOVAS

Primeiro número de Biblio-Novas, o Boletín do Equipo de Biblioteca, coa relación de actividades desenvolvidas ao longo deste curso.