22.12.11

UN LIBRO, UN BO AGASALLO TAMÉN EN NADAL

Durante o mes de decembro desde a biblioteca estivemos desenvolvendo a campaña "UN LIBRO, UN BO AGASALLO", especialmente para estas datas de Nadal.
O Equipo de Biblioteca desexavos unhas boas vacacións e un feliz aninovo no que sigamos disfrutando de lecturas compartidas.

13.12.11

ENCONTRO CON ANXO MOURE, O ATRAPADOR DOS CONTOS

Hoxe visitounos Anxo Moure, o atrapador de contos, chegado das veciñas terras de Chantada.

Na súa intervención combinou contos, poesía, música, implicando activamente aos alumnos e falounos da necesidade de defender a liberdade e a tolerancia, o respecto pola natureza. Sensibilizar os alumnos  de que é posible un mundo mellor.

Tamén nos falou do proxecto Contos Solidarios nacido no 2000 da man da ONG chantadina Bicis pola Paz que doa bicicletas a mestres, médicos… de países de América Latina, Asia e África co defomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento desenvolvidos nestes lugares. ((http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm)

 

imageimageimage imageimageimage
     
     

Moitas grazas, Anxo!

12.12.11

DESDE SERBIA EN GALEGO

Neste vídeo vemos a unha rapaza serbia cantando en galego  "Lela" e "Negra Sombra"
Sobran as palabras!





9.12.11

ENCONTRO CON GISBERT

Recibimos un ano máis na biblioteca a visita do escritor Gisbert, quen nos falou da influencia que o mundo d'As mil e unha noites tivo na súa obra e, máis en concreto, na construción dos relatos que integran Historias secretas en la noche : El mensajero de los siete reinos” y “Semiris, princesa de Babilonia” .

GISBERT 1 GISBERT 2
GISBERT 1 GISBERT3


A presentación do escritor foi realizada polas alumnas Carmen Doval e Alba García.