25.5.15

CINCO OVEJAS NEGRAS


Cinco ovejas negras é un blog que naceu en setembro de 2014 co obxectivo de difundir a lectura infantil e xuvenil e achegar os libros e a actualidade literaria aos lectores. As súas autoras, cunha longa experiencia no ámbito da biblioteconomía, na docencia e en centros especializados, preparan reseñas e presentación de libros clásicos e actuais.

Noticias de actualidade, entrevistas cos autores, selección de libros clasificados por idade e por temas, relación de autores e ilustradores... unha interesante web que nos achega unha valiosa información acerca do panorama actual da mellor literatura infantil e xuvenil.

Estaremos atentos aos seus consellos e orientacións. 



13.5.15

Gañadores I Concurso Ilustración "Peito de Lobo"

Xa temos gañadores para o I Concurso de Ilustración, organizado pola Biblioteca, o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística.
 Os gañadores foron:
1º premio: María Domínguez Pérez (1º D ESO)
 2º premio: Sara Nogueiras González (1º C ESO)
3º Premio: Alberto Valencia Saco (1º D ESO)  e  Mario López Lois (1º D ESO)

 Felicitamos a todos eles polo seu magnífico traballo. E salientamos a colaboración da profesora de plástica, Juliana Ortega, que coordinou e dirixou a elaboración das imaxes.
 Ademais da publicación en papel, está tamén dispoñible a edición dixital que pode verse neste enlace:
.




Sara Nogueiras

Alberto Valencia

Mario López

7.5.15

VIAXE A CELANOVA

Un ano máis, o Departamento de Lingua Galega organizou unha excursión a Celanova para desenvolver unha interesante visita á terra de Curros Enríquez, Celso Emilio e Méndez Ferrín.
Gozamos das fermosas paisaxes e da frondosa vexetación desta terra, coñecemos o legado dos devanceiros e retornamos ata os afastados tempos dos castros, a Idade Media, o século XIX...e vivimos unha xornada de convivencia e diversión.
Sumámonos tamén á demanda de xustiza para o párroco D. Adolfo, custodio da Virxe do Cristal.

Grazas aos guías que  nos acompañaron, especialmente a Paula, sempre tan entregada e encantadora.
E ata o ano que vén!


No Castromao, escoitando a Paula
Candela Mazaira le un fragmento de "A Virxe do Cristal"
No poboado castrexo

 
Diante da capela de San Miguel
No Coro, atentos ás explicacións da guía.
 
Códice no Mosteiro de San Rosendo


Na Casa dos Poetas, escoitando as explicacións de Paula

Candela Mazaira le a "Cantiga" de Curros Enríquez
José Luís lendo o poema "A igrexa fría"


Na Praza Maior, iniciando o roteiro literario


Na Biblioteca do IES de Celanova

Diego le o poema "Longa noite de pedra" acompañado ao piano por Flor

Raúl ao piano
Na Adega de S. Vivián


Na Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes


5.5.15

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA



Con motivo de la celebración del Día Internacional del Libro, asistimos en la Biblioteca del Centro a una sesión de clase un tanto especial.  Fue el último paso de todo un proyecto que comenzó con una investigación, por parte de los alumnos de 4º de ESO de diversificación. Trabajaron sobre Miguel de Cervantes, El Quijote, el Día del Libro y el Premio Cervantes. Con los datos recogidos, elaboraron un mural y a partir de él, dos alumnas impartieron una charla a un grupo de alumnos de 1º de ESO.
Esta lección resultó todo un éxito: atención correctísima por para de los alumnos, soltura en la exposición de las “profesoras” una vez que pasaron los nervios del principio. La sesión finalizó con la proyección de algunos fragmentos de series de televisión y alguna curiosidad como una serie japonesa basada en el texto de Cervantes. Una buena experiencia para todos, sin duda.