Hoxe volveu ao noso centro
Manuel Núñez Singala. A primeira vez, hai algúns anos, veu para falarnos dos prexuízos e simplificacións sobre a lingua galega. Nesta ocasión, reuniuse co alumnado de terceiro para falar da súa novela
Camiños na auga. Ofreceunos unha interesante exposición sobre o proceso de creación da obra, acompañada dun percorrido visual polos lugares nos que transcorre a acción; tamén abordou a problemática dos albinos en África e a azarosa viaxe dos caiucos ata as costas peninsularesa. A continuación, respondeu as numerosas preguntas que as súas palabras suscitaron, nun coloquio que se prolongou moitos minutos máis do previsto.
Moitas grazas, Manuel, pola túa visita!!!